Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove presenta o programa ‘Vémonos na Rúa’

Fecha: 2017-05-29

As actividades de verán para a mocidade darán comezo o 2 de xuño.

 

O pasado venres 26 de maio 2017 ás 13.30 h na Sala das Cunchas do Concello do Grove presentouse o programa “Vémonos na Rúa” de actividades de balde para a mocidade. Ao acto asistiron o alcalde, Jose Cacabelos, e a concelleira de Educación e Xuventude, Pilar Galiñanes, ademais dos representantes dos colectivos e asociacións culturais e deportivas que colaboran nesta iniciativa.

 

O programa busca cubrir a demanda de ocio da mocidade de 12 a 17 anos, xa que desde o Concello se ve a necesidade de ofertar actividades a este sector da poboación que ten pouco acceso a actividades de lecer.

 

As actividades son variadas para dar cabida á diversidade de gustos. Así mesmo, buscouse que o programa fose diferente e alternativo para atraer a curiosidade da mocidade. Exemplos disto son o obradoiro para crear o teu propio horto ecolóxico ou a exhibición de breakdance. Outro dos puntos é a integración da mocidade en actividades saudables e de lecer.