Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove abre o prazo para a solicitude de autorizacións das fogueiras de San Xoán

Fecha: 2017-05-29

O período de solicitude para as cacharelas na praia remata o 16 de xuño.

 

O Concello do Grove abre o período de solicitude  para a queima das fogueiras de San Xoán.  O prazo queda aberto desde o venres 26 de maio e remata, para ás cacharelas das praias, o 16 de xuño; para o resto de espazos públicos ou privados, o 19 de xuño. As solicitudes deben presentarse no Rexistro do edificio administrativo, de 9.00 a 14.00 h.

 

Posteriormente deberán recoller a autorización no mesmo edificio administrativo os días 22 e 23 de xuño en horario de atención ao público. Lémbrase que sen este documento non será válida a autorización para levar a cabo a fogueira.

 

Algunhas das medidas de seguridade requiridas para a solicitude das fogueiras de San Xoán 2017 son que a fogueira diste unha distancia mínima de 100 metros de vivendas, vehículos, zonas vexetais ou calquera instalación susceptible de perigo, e que as súas dimensións non superen os 3 metros de alto e os 4 de diámetro. Ademais, está prohibida a queima de residuos perigosos ou tóxicos. Cando a fogueira se faga sobre terreos públicos asfaltados, lousas ou pintados, debera protexerse o pavimento cunha capa de area en toda a superficie da fogueira. É preciso dispor dun sistema de extinción de incendios axeitado á proporción da fogueira e a fogueira permanecerá vixiada ata a súa total extinción.