Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove presentará a Festa do Marisco en La Rochelle

Fecha: 2017-05-29

A presentación deste ano farase na vila de La Rochelle, na costa oeste francesa, continuando co traballo de internacionalización da Festa.

 

O vindeiro 29 de xuño 2017 terá lugar a presentación internacional da LIV Festa do Marisco do Concello do Grove. O acto celebrarase no Museo Marítimo de La Rochelle, na costa oeste francesa.

 

Seguindo a dinámica marcada nas pasadas edicións, esta presentación é o punto de partida para a promoción da festa gastronómica máis importante de Galicia. Lembramos que a repercusión internacional do evento é o requisito necesario para acadar a consideración de Festas de Interese Turístico Internacional que a Festa do Marisco ten próximo a conseguir.

 

Na elección do destino promocional internacional deste ano resultou fundamental a relación xa existente entre este municipio francés e o Club Náutico de San Vicente, que colabora desde hai xa moitos anos na organización de regatas de barcos clásicos. Deste xeito a existencia duns puntos comúns entre os dous concellos permite contar con moitos elementos adicionais que farán máis atractiva, se cabe, a visita ao Grove.

 

Trátase, polo tanto, dun destino con moita potencialidade que acolle este acto de presentación con grande interese e expectación. A colaboración cos entidades locais está resultando especialmente positiva e deseñouse un evento que busca a maior repercusión mediática e empresarial para a Festa do Marisco e para o Grove como destino turístico.