O Concello do Grove está a reparar as filtracións de auga de mar nos colectores da contorna do Pazo do Corgo
Fecha: 2017-06-01
O Concello está a tomar medidas nas filtracións de auga de mar nos colectores que se atopan en diferentes puntos ao longo da rúa do Corgo.
Tras a comunicación deste problema o concello aborda actuacións inmediatas para que non se vexa agravado. Debe terse en conta que a auga salgada afecta negativamente a depuradora de augas do concello, impedindo o seu funcionamento normal e obstruíndo algúns dos procesos da súa limpeza.
O problema das tubaxes dos colectores vénse dando desde hai tempo no municipio debido á antigüidade e á grave deterioración que sofren estes materias no contacto co salitre. A falta de investimento nas ultimas décadas no sistema de augas do municipio supón o mal estado de gran parte rede. O Goberno local está acometendo medidas paulatinas e na medida da dispoñibilidade material e orzamento que teñen mellorado moitas zonas.