Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove inaugura a mostra de tallas de madeiras ‘Feito á man por Juan Leiro’

Fecha: 2017-07-11

 

A exposición poderá visitarse ata o vindeiro 18 de xullo na Sala das Dornas do Concello.

 

O artista local Juan Leiro mostra por primeira vez ao público as súas tallas de madeira, feitas moitas delas con materiais recollidos do mar ou aproveitados de queimas. Trátase dunha exposición que recolle numerosas pezas de varios anos de traballo e que van desde floreiros, flores de madeira e unha amplísima colección de caxatos. Todas as obras son talladas en pezas únicas de madeira, incluso cadeas completas que teñen todos os seus elos tallados ao tempo. Especial beleza teñen as pezas feitas sobre os restos de madeira escura procedentes de embarcacións recollidos do mar na zona do Esteiro. Na mostra tamén se poden contemplar lámpadas e pequenos cofres con curiosos sistemas de peche.

 

A mostra quedou inaugurada onte ás 20.00 horas e estará aberta ao público en horario de mañá ata o vindeiro día 18 de xullo. Esta mostra forma parte da programación cultural de verán do Concello do Grove e á esta tomaralle o relevo o día 21 unha exposición do colectivo Artegrove, que exporá traballos pictóricos dos seus membros. Tamén haberá espazo para a fotografía coa mostra “Lusco e Fusco”,  patrocinada por Abanca.