Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello solicita unha reunión urxente co Delegado da Xunta de polos graves problemas nas estradas da súa titularidade

Fecha: 2017-07-12

 

 

En plena temporada de verán seguen sen acometerse as actuacións necesarias e estanse producindo problemas graves nestas estradas.

 

O Concello do Grove acaba de tramitar a solicitude dunha reunión urxente co delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, ante a gravidade da situación dos vieiros de titularidade autonómica que transcorren polo municipio. Dun xeito máis concreto resulta especialmente preocupante a situación da estrada de Ardia, onde se teñen feito probas de ruído logo dun cambio de asfaltado que está provocando problemas e molestias aos veciños e veciñas da zona. Nesta mesma estrada a Xunta comprometérase a colocar un semáforo de pulsador, do que segue sen saberse nada.

 

Outra estrada que esta rexistrando graves problemas é a que transcorre desde a rotonda da Lanzada ata San Vicente. Trátase dunha vía especialmente transitada ao ser o que concentra o acceso as principais praias da península, polo que resulta crucial acometer medidas que melloren a súa seguridade e accesibilidade. A ausencia de pasos de peóns nun lugar onde a xente transita tramos a pé para as praias está a supoñer situacións de risco. Durante meses negouse esta posibilidade ao ser estradas autonómicas, pero nas últimas semanas tense comunicado que si se ían poñer en marcha en estradas similares noutros municipios nun claro agravio comparativo.

 

Pero sen dúbida un dos feitos que está a resultar máis rechamantes é o total abandono da limpeza das beiravías. O Concello vese na obriga de acometer a limpeza de Ardia e doutras estradas con medios municipais facendo uso dos recursos locais en lugares que son responsabilidade da Xunta de Galicia. Por todo o anterior, solicítase a reunión con carácter urxente para reclamar que se solucionen os problemas indicados que están provocando unha mala imaxe do Concello en plena temporada de verán.