Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Últimos días para a inscrición na Liga de Fútbol Sala municipal

Fecha: 2017-10-17

O prazo remata o vindeiro 25 de outubro.

 

A terceira edición da Liga de Fútbol Sala que organiza o Concello do Grove dará comezo o vindeiro 6 de novembro no pavillón de deportes do Monte da Vila. Aqueles equipos interesados en participar deberán realizar a súa inscrición antes do 25 de outubro a través do servizo de Deportes do Concello.

 

Para poder participar deberán configurarse equipos de ata doce xogadores e será preciso aboar unha cota de 120 euros, ademais do seguro obrigatorio cun custo de 250 euros. Lembramos que se trata do campionato e de Liga e Copa que reuniu numerosos xogadores afeccionados deste deporte en anteriores edicións, polo que xa se asentou como unha cita fundamental no calendario deportivo do Grove.