Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove pon en marcha un curso de monitor de tempo libre

Fecha: 2017-10-23

 

Trátase dun tipo de formación con gran demanda no Grove.

 

O Concello do Grove pon en marcha a partir do 18 de novembro un curso de monitor de tempo libre. Trátase dun curso oficial expedido pola Xunta de Galicia que será impartido pola Escola de Tempo Libre Aika de 200 horas teórico-prácticas que inclúe a titulación oficial de manipulador de alimentos.

 

Para poder participar neste curso tan só é preciso ser maior de idade e posuír o graduado en ESO, o graduado escolar ou equivalente. A inscrición poderá realizarse ata o vindeiro 9 de novembro a través da Oficina de Información Xuvenil, situada no segundo andar do edificio administrativo. Unha vez pechada a lista de inscrición será necesario formalizar a matrícula (entre o 10 e 15 de novembro). O custo do curso será de 250 euros cunha redución do 50% para os participantes empadroados no Grove. Pode solicitarse o pago fraccionado ou aprazado.

 

O curso impartirase os sábados de 9.00 a 14.00 e de 15.00 a 20.00 e os domingos de 9.00 a 14.00 horas no período entre o 18 de novembro ata o 10 de marzo. Para a inscrición contaríase coa preferencia en primeiro lugar de persoas empadroadas no Grove con carné xove, en segundo lugar persoas empadroadas no Grove sen carné xove e finalmente o resto de persoas interesadas por orde de inscrición.