Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove celebra o Día Internacional da Biblioteca

Fecha: 2017-10-23

 

Durante toda a semana haberá numerosas actividades de animación á lectura en colaboración cos centros educativos da localidade.

 

O vindeiro 24 de outubro celébrase o Día Internacional da Biblioteca e o Concello do Grove quere sumarse as celebracións por esta importante data. Así, as actividades xa comezaron o pasado sábado 21 co obradoiro creativo “Arte nos libros: Luís Seoane” a cargo de Crearte Servizos Culturais na Axencia de Lectura de San Vicente. Así mesmo, o vindeiro sábado 28 de outubro, ás 11.30 horas, Glora Mosquera visitará a biblioteca municipal do Grove co espectáculo “As aventuras de Mamá Cabra”. En ambos os casos trátase de actividades con prazas programadas que requiren inscrición previa a través da Rede de Bibliotecas do Grove.

 

Pero ademais destes espectáculos, ao longo da semana as actividades de animación estarán dirixidas á poboación escolar dos centros educativos do concello grazas á colaboración entre bibliotecas municipais e os centros educativos. Alumnado de diferentes centros de ensino visitará a biblioteca municipal do Grove o martes 24 e o mércores 25. O persoal da Rede de Bibliotecas programou e deseñou diversas actividades para motivar o interese do alumnado polas bibliotecas. Entre elas pódese destacar un vídeo explicativo e promocional do libro, realizado en colaboración con algúns rapaces da vila, que prestaron as súas voces.

 

Para rematar, o mesmo sábado 28 de outubro, de 20.00 a 00.00 horas, celebrase a terceira edición da Noites de Meigas Curuxas e Bruxas na biblioteca municipal, actividade dirixida a rapazada a partir de 11 anos, con obradoiros de medio, contos, xogos, queimada infantil e sorpresas. Trátase dunha das propostas máis agardadas da biblioteca para a cal tamén cómpre inscrición previa.