O Concello do Grove organiza una nueva Semana Blanca
Fecha: 2017-11-10
Os mecos e mecas poderán esquiar en Andorra entre o 4 e o 9 de marzo do vindeiro ano.
Por segundo ano, o Concello do Grove organiza a Semana Branca que terá lugar entre o 4 e o 9 de marzo de 2018. Trátase dunha actividade que pretende facilitar a práctica de do esquí ou deportes de neve a persoas de diversas iades. O Concello financiará unha parte da viaxe, o que permitirá que o paquete final poida ser adquirido por 490 euros.
O prezo inclúe 5 noites de aloxamento en réxime de media pensión; 5 días de “forfait Grandvalira” con acceso a todos os sectores, 10 horas de clases colectivas de esquí ou snow (2 horas ao día) con monitores profesionais na propia estación; 5 comidas en pista tipo menú express, 5 días de alugamento de material de esquí estándar; 6 días de seguro de viaxe e libre acceso ás zonas de relax da estación (piscina, sauna, jacuzzi, ximnasio...).
Esta actividade contou cunha grande aceptación o pasado ano, cando máis de vinte e cinco persoas participaron nela. Debido a esta gran demanda recoméndase a inscrición o antes posible, xa que as prazas son limitadas. A xestión de prazas realizarase a través da axencia de viaxes Vionta, situada no número 5 da rúa Alcalde Xacobe Barral do Grove.