Concello do Grove amplía o prazo de inscrición no Curso de Monitor de Tempo Libre
Fecha: 2017-11-10
As persoas interesadas poderán solicitar a súa praza ata o vindeiro luns (incluído).
Desde o Concello do Grove infórmase a todas aquelas persoas interesadas que se amplía o prazo de inscrición no Curso de Monitores de Tempo Libre ata o vindeiro luns, 13 de novembro.
Lembramos que este curso, homologado pola Xunta de Galicia, ten previsto comezar o 18 de novembro e rematar o 10 de marzo e contará cunha duración de 200 horas que se impartirán en horario de fin de semana. O custo do curso é de 250 euros e o Concello axudará co 50% da matrícula a aqueles participantes que consten empadroados no Concello do Grove e que ademais conten con carné xove.
Aquelas persoas que queiran inscribirse no curso deberán ter 18 anos e estar en posesión do título da ESO, certificado escolar ou algunha formación equivalente. Para formalizar a matrícula deberán cubrir a ficha de inscrición e presentar as fotocopias do DNI, do título académico correspondente e do carné xove, se é o caso.