O Concello do Grove adxudica obras de reparación da cuberta do mercado municipal
Fecha: 2017-11-21
A obra ascende a case 35.000 euros e poderá ser financiada dentro do programa do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Logo de que foran detectados problemas graves na cuberta do mercado municipal, o Concello do Grove puxo en marcha un proxecto de mellora desa zona para evitar que estes se agravasen. O problema xorde de erros na reforma anterior que supoñen que se deteriorase toda a cornixa, o que deixou ao descuberto a ausencia de placa no último tramo do tellado.
A reforma poñerase en marcha nas vindeiras semanas logo de que Xunta de Goberno Local adxudicara a obra por un total de 34.449,67 euros e agárdase que resolva de xeito definitivo os problemas de humidades desa zona. Do mesmo xeito, o Concello segue traballando na mellora dos espazos interiores e está a deseñar un plan de sinalización que contribúa a situar este espazo dentro das tendencias actuais dos mercados públicos.