Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Só dúas solicitudes participan na convocatoria de subvencións para actividades de dinamización turística e comercial

Fecha: 2017-11-28

 

 

No día de onte foi realizada a revisión administrativa das dúas propostas presentadas que cumpren cos requisitos da convocatoria.

 

A liña de subvencións lanzada polo Concello do Grove para actividades de dinamización e promoción comercial de hostalería e turismo tan só recibiu dúas solicitudes. A proposta foi elaborada polo Concello do Grove seguindo a liña marcada na política de transparencia e obxectividade dos recursos públicos. Deste xeito as axudas outorgadas para este tipo de actividades e eventos deixaron de ser concedidas con carácter nominativo (é dicir, por adxudicación directa por parte da concellaría responsable), senón que estas pasan a ser valoradas con criterios obxectivos e a contía outorgada susténtase nunha valoración real da achega social da iniciativa. 

 

Así, o pasado mes de setembro foron publicadas unha axudas que poñían á disposición de asociacións e empresarios 8.000 euros para actividades. Unha vez rematado o prazo e establecida a revisión administrativa, tan só foron dúas as solicitudes presentadas que concorren a unha axuda que pode chegar a un máximo de 3.000 euros por iniciativa.

 

Desde o Concello do Grove lémbrase que a intención destas axudas e doutras medidas postas en marcha buscan a implicación das entidades privadas na organización e creación de eventos e actividades que contribúan á dinamización do concello e que, no momento actual, son asumidas case en exclusiva con recursos municipais. Nos vindeiros días reunirase a comisión de valoración das axudas.