Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Oficina de Turismo do Grove pecha un ano de récord con atención de máxima de calidade

Fecha: 2017-12-11

No mes de agosto deste ano foron case dez mil as persoas que visitaron a oficina situada na praza do Corgo.

 

A piques de pechar o ano 2017, os datos recollidos por parte da Oficina de Turismo do Concello do Grove permiten falar de auténticos récords de visitantes. Unha vez máis son os meses de verán os que marcan as cifras máis elevadas, pero tamén queda constancia do tirón da Festas do Marisco durante o mes de outubro. Deste xeito a cifra máis elevada sitúase no mes de agosto, con 9.982 persoas, seguido de xullo, con 5.423 e setembro, con 3.377. A continuación teriamos que destacar outubro, con 2.327 persoas e xuño con 1.430. A baixada prodúcese no mes de novembro con 479 persoas.

 

Pero quizais os datos máis subliñables se atopan nos datos diarios dalgúns deses meses cando o persoal da oficina de turismo chegou a atender 532 persoas nun só día -concretamente o 8 de agosto– con moitas datas nas que se roldaron esas cifras ese mesmo mes, chegando o 12 de outubro a 360 persoas. A pesar desta gran cantidade de persoas e visitas recollidas na oficina de turismo, esta renovou nos pasados meses o seu recoñecemento de calidade turística, feito que, sumado á mellora das instalacións, do material promocional e a o bo nivel do persoal que traballa no servizo, converteron esta oficina nunha referencia na zona das Rías Baixas.