O Concello do Grove colabora co I Festival Montenegro de Arte e Novela Negra que organización os Institutos locais
Fecha: 2018-02-22
Están programadas actividades específicas para os estudantes e outras abertas ao público.
O IES As Bizocas e o IES Monte da Vila do Grove veñen de organizar o I Festival Montenegro de Arte e Novela Negra contando co patrocinio do Ministerio de Educación e Cultura. O Concello do Grove ten colaborado con esta importante iniciativa de mestres e alumnado destes centros o que permite que as actividades contempladas tamén se poidan abrir ao público interesado na arte en xeral e neste xénero literario en particular.
Deste xeito o programa dará comezo hoxe, xoves. Durante a mañá os rapaces e rapazas poderán participar en obradoiros de iniciación ao xénero negro cos escritores Sergio Vera e Juan Sendino. Xa pola tarde a actividade será aberta a todo o público xa que, a partir das 18.00 horas ofrecerase outro obradoiro de iniciación á novela negra con Sergio Vera. Xa o venres durante a mañá retomaranse os obradoiros no instituto con Juan Sendino e Jon Arretxe. Ás 20.00 horas a Sala das Cunchas acollerá a inauguración da mostra “Arte e Novela Negra” e, deseguido, o escritor Jon Aretxe presentará o seu libro Sombras de la nada pertencente á serie do detective-vidente Touré.