Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove realiza un novo reparto de compost gratuíto

Fecha: 2018-02-22

O reparto realizarase o vindeiro venres a partir das 9.30 horas na praza do Corgo.

 

Froito da boa evolución do plan de compostaxe do Concello do Grove, esta semana vólvese a contar con recursos para realizar un novo reparto de compost gratuíto, xerado nos composteiros comunitarios instalados na localidade. Ademais diso, a mesa informativa situada na praza do Corgo para tal fin servirá para que aquelas persoas interesadas en dispoñer de composteiros individuais poidan solicitalos. Lémbrase que estes elementos son gratuítos e tan só é preciso inscribirse no plan. O reparto comezará ás 9.30 e rematará ás 13.00 horas.