Éxito de participación na Marcha do Entroido Meco
Fecha: 2018-02-26
Confirmada a importancia do Entroido do Grove na comarca e a gran proxección das comparsas.
O bo tempo acompañou finalmente o desfile de Entroido que percorreu este sábado as rúas do Grove. O tradicional concurso de disfraces tivo que ser adiado polas choivas do martes de Entroido e conseguiu, a pesar do cambio, un enorme éxito de participación en todas as categorías. Cando deron comezo as inscricións ás 15.30 horas xa se formaron ringleiras de participantes e ás 17.00 horas coa saída do desfile eran 82 os inscritos no concurso.
Na categoría de adultos grupo foron 13 os participantes, 9 en parellas e 17 en individual. En categoría infantil inscribíronse 8 grupos, 7 parellas, e 16 individuais. Finalmente foron 12 os participantes na categoría de choqueiros.
Listaxe de disfraces premiados>
Entroido 2019
O Entroido do Grove non remata aquí. Este ano o Concello continuará cos traballos de preparación do expediente de solicitude da declaración de Festa de Interese Turístico para o Entroido Meco, avalado pola súa historia, arraigo, tradición, proxección e capacidade de atracción de público. Esta previsto que o Pleno do luns aprobe, precisamente, o trámite de inicio deste proceso que, posteriormente, dependerá da Xunta de Galicia.
Ademais disto, e seguindo a dinámica marcada o pasado ano, hoxe mesmo, tras rematar a queima da sardiña, comeza a difusión do cartel do Entroido 2019 que esta ano se centra, precisamente, en reivindicar a longa historia desta Festa na vila do Grove cunha imaxe do arquivo municipal datada hai máis de 50 anos. A difusión de carteis do evento durante todo un ano permite que a Festa acade unha maior difusión e coñecemento e se presente coma unha opción de dinamización do Grove en temporada baixa.