Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello convoca aos hostaleiros da zona de Beiramar para informar de primeira man sobre a Ordenanza de Terrazas

Fecha: 2018-03-13

 

A convocatoria está dirixida aos establecementos de hostalería situados na zona portuaria.

 

O Concello do Grove convoca aos restaurantes, cafeterías e establecementos de hostalería en xeral situados na avenida de Beiramar e, máis concretamente, na zona afectada por Portos de Galicia. O obxectivo é informar de primeira man sobre a Ordenanza de terrazas e a súa aplicación nesta zona. A reunión terá lugar o vindeiro mércores, 14 de marzo ás 20.30 horas na Sala das Cunchas do Concello do Grove.

 

Tal e como se fixera con respecto á rúa Castelao, o Concello do Grove quere que a información sobre a normativa relativa ás terrazas no Grove sexa coñecida de xeito claro e directo, evitando así que coa chegada da temporada alta se poidan producir incidencias. O obxectivo final é garantir unha correcta convivencia entre veciñanza, visitantes e terrazas, facendo que este importante atractivo turístico funcione, pero sen lles producir problemas aos peóns.