Aberto o prazo para DEPOTERMAL 2018
Fecha: 2018-03-22
-
Dous programas:
-
Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos
-
Programa termal con pernoctación
-
-
Poderán beneficiarse do plan termal as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade e que cumpran algún dos seguintes requisitos:
-
Nacer antes do 1 de xaneiro de 1968, (acreditarase cunha fotocopia do DNI ou NIE)
-
No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1968 ou con posterioridade, ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións (achegarase unha fotocopia do certificado correspondente)
-
No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1968 ou nunha data posterior, ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%, que se acreditará coa tarxeta ou certificado de recoñecemento do grao de discapacidade
-
Precisar dun respiro familiar, o que se acreditará mediante un informe do traballador/a social dos servizos sociais comunitarios básicos.
-
O prazo de presentación de solicitudes será do 20 de marzo ao 18 de abril, ambos incluídos.
Para máis información: Servizos Sociais Comunitarios Municipais do Concello do Grove (rúa Matadoiro s/n – Lordelo) tlf.: 986 73 33 34