O teatro tamén fala de igualdade no Grove
Fecha: 2018-03-23
Este sábado ás 19.00 horas a Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey acolle a representación de “A cousa de Bernarda Alba”, a cargo de Martabelas.
Dentro das actividades organizadas polo Concello do Grove ao redor da celebración do 8 de marzo (Día Internacional das Mulleres), este sábado 24 de marzo terá lugar na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey a representación teatral “A Cousa de Bernarda Alba” a cargo do grupo Martabelas pertencente a Asociación Teenses pola Igualdade. A obra está dirixida a público adulto e o acceso é de balde ata completar a capacidade.
A obra xira en torno ao clásico de Federico García Lorca, reinterpretado e adaptado da man do director Xurxo Barcala que dota a obra de innovación e creatividade. A obra xa foi presentada noutras localidades de Galicia con moi boa acollida e chega ao Grove vinculada co programa “É tempo de tecernos redes” que se ten posto en marcha desde o Concello do Grove a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM).