Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove continúa cos seus cursos de Cociña Saudable

Fecha: 2018-03-28

Durante o mes de abril haberá oportunidade de aprender sobre merendas saudables e “tuppers”.

 

Tras a boa acollida que manteñen os cursos de cociña organizados polo Concello do Grove, especialmente dirixidos á mocidade (inda que están abertos a todo tipo de público), durante o mes de abril haberá novas iniciativas que pretenden ampliar a oferta deste tipo de talleres e cursos. Deste xeito convocáronse dous cursos de cociña saudable que abordarán “Merendas saudables” e “Tuppers”. O curso de merendas saudables impartirase o sábado 14 de abril ás 17.00 horas mentres que o Taller “Organiza a túa semana en Tuppers” será o sábado seguinte, o 21 de abril.

 

En ambos os casos as actividades son de balde e teñen prioridade as persoas entre 15 e 35 anos (no caso de que queden prazas vacantes cubriríanse con persoas doutras idades). Ambos os talleres serán impartidos nas instalacións do Centro Vacacional da Lanzada.

 

Para participar tan só é preciso inscribirse a través da Oficina de Información Xuvenil (OMIX) situada no Edificio Administrativo (ou ben por teléfono ou correo electrónico).