Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convida á participación na Festa dos Maios

Fecha: 2018-04-13

 

A celebración do 1 de maio terá lugar na praza do Corgo.

 

Como vén sendo tradicional, o Concello do Grove inicia os preparativos para a celebración das Festa dos Maios deste ano. O acto terá lugar na praza do Corgo o primeiro de maio e nel poderán participar todas as asociacións culturais, colexios, colectivos veciñais, entidades e veciños e veciñas que así o desexen.

 

O Concello do Grove acaba de aprobar as bases para o concurso de maios. Todos os que queiran participar poderán realizar a súa inscrición o mesmo día 1 na praza do Corgo entre as 10.30 e as 11.30 horas e poderán participar en tres modalidades distintas: maios tradicionais, maios artísticos ou coplas e interpretación. Aboaranse 30 euros por participación e establécense tres premios para cada categoría (maios tradicionais e artísticos): un primeiro de 150 euros, un segundo de 100 e un terceiro de 50, sendo os premios para as coplas e interpretación de 80, 50 e 30 euros.

 

Para amenizar a xornada, ademais da mostra de maios e a interpretación das coplas, instalaranse na praza do Corgo xogos populares e contarase coa música de Sons da Rúa da Asociación Paradanda-Mecos.