CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN DO PLAN CONCELLOS 2018. LIÑA 3 EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS
Fecha: 2018-04-18
A Deputación Provincial de Pontevedra, a través da resolución da Xunta de Goberno do día 6 de abril de 2018, resolveu a concesión dunha subvención por un importe total de 180.401,75€ € para a contratación de 21 traballadores desempregados, ao abeiro do Plan Concellos 2018 e correspondente á Liña 3: Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.
O Concello do Grove contratará a 21 persoas desempregadas a través do Servizo Público de Emprego, atendendo aos criterios de preferencia establecidos nas Bases da Deputación Provincial, publicada no BOP nº 3, do 3 de xaneiro do 2018.
As persoas interesadas en participar nestas ofertas deberán estar inscritos na Oficina de Emprego de Cambados como demandantes de emprego, en situación de desemprego, e na ocupación indicada na seguinte táboa:
|
Postos de traballo |
Ocupación |
xornada |
Duración contrato |
|
10 Peóns de obras públicas |
Peón de obras públicas |
completa |
6 meses |
|
2 Peóns forestais |
Peón forestal |
completa |
6 meses |
|
2 Peón xardinería |
Xardineiro en xeral |
completa |
6 meses |
|
1 Auxiliar Administrativo |
Empregado administrativo en xeral |
completa |
6 meses |
|
3 Condutores |
Condutor de camión en xeral |
completa |
5 meses |
|
2 Auxiliares de Turismo |
Técnico información turística |
completa |
5 meses |
|
1 Carpinteiro |
Carpinteiro en Xeral |
completa |
6 meses |
Documento explicativo de cada posto, ocupación e requisitos.
