O Concello do Grove pecha a temporada de Andainas cunha fin de semana para realizar a Ruta do Cares
Fecha: 2018-05-23
A andaina terá lugar entre o 8 e o 10 de xuño.
O Concello do Grove remata a temporada de andainas da primavera cunha excursión a Asturias na que se realizarán varias camiñadas. Deste xeito, durante a fin de semana do 8 ao 10 de xuño as persoas inscritas poderán gozar da actividade deportiva cun plan que comeza xa o venres. A saída está prevista ese día ás 16.00 horas. Xa o sábado realizarse a Ruta do Cares entre Caín e Poncebos, cun percorrido de 12 quilómetros. Pola tarde dese mesmo día está prevista a visita aos Lagos de Covadonga. O domingo pola mañá está prevista a realización da coñecida como “Senda del Oso” de 8 quilómetros.
Lembramos que as persoas interesadas en participar aínda están a tempo de inscribirse a través do servizo de Deportes ou na axencia de viaxes Vionta (rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, 5).