O Grove acolle outra fin de semana dedicada ás Letras Galegas
Fecha: 2018-05-25
Música e cine completan unha proposta que continúa lembrando a importancia do mes de maio como Mes das Letras Galegas.
O Concello do Grove continúa coa súa programación das Letras Galegas esta fin de semana. Mañá sábado ás 19.00 horas a rúa Castelao acollerá o concerto da artista Sonia Lebedynski, neste caso en formato dúo, quen achegará cancións do seu último traballo discográfico en galego. A continuación, ás 20.30 horas, a Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey acollerá unha nova edición de Cinemas de Galicia, neste caso coa película de xénero documental ficcionado “Moitos fillos, un mono e un castelo”, de Gustavo Salmerón. A proxección terá lugar na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey cun prezo de entrada de tres euros.
Xa o domingo, 27 de maio, a Coral da Confraría de Pescadores de San Martiño do Grove organiza o seu xa tradicional concerto das Letras Galegas no que este ano participarán, ademais da propia Coral e o Coro infantil da mesma agrupación, a Coral Polifónica da Illa de Arousa.