Saltar al contenido

Esta web solo usa cookies propias técnicas, necesarias para su funcionamiento. Las estadísticas de visitas son anónimas y no usan cookies. Más información en nuestro aviso sobre cookies.

Aceptar

O Concello do Grove recolle 280 solicitudes para o Campamento Deportivo de Verán

As listaxes de nenas e nenos admitidos daranse a coñecer o vindeiro 26 de xuño.

O Concello do Grove recolleu 280 solicitudes para as 200 prazas do Campamento Deportivo de Verán que se desenvolverá entre o 2 de xullo e o 31 de agosto. A gran demanda desta actividade fai preciso publicar unha listaxe de admitidas e admitidos, xa que non todas as solicitudes poderán ser atendidas. Deste xeito o vindeiro martes, 26 de xuño, farase público a lista das prazas ocupadas. Xa o xoves, 28 de xuño, ás 20.00 horas, terá lugar a reunión informativa para as nais e os pais na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. As actividades comezarán o vindeiro luns 2 de xullo cunha presentación que se fará ás 10.15 horas no Campo de Fútbol do Monte da Vila.


Todas las noticias