Saltar al contenido

Esta web solo usa cookies propias técnicas, necesarias para su funcionamiento. Las estadísticas de visitas son anónimas y no usan cookies. Más información en nuestro aviso sobre cookies.

Aceptar

Últimas prazas no campamento municipal de verán

O campamento comezará o vindeiro 2 de xullo no colexio das Bizocas.

O Concello do Grove informa de que inda quedan prazas dispoñibles no campamento de verán. O campamento terá lugar entre o 2 de xullo e o 31 de agosto no CEIP As Bizocas e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata que se completen as prazas.

Ata o de agora son uns 120 os rapaces inscritos, e hai unha dispoñibilidade total de 140 prazas.

As persoas interesadas en inscribir os pequenos nesta actividade poderán facelo nos Servizos Sociais do Concello, en Lordelo.


Todas las noticias