Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove pon en marcha os horarios de verán na Rede de Bibliotecas

Fecha: 2018-06-25

Os horarios cambian en San Vicente a partir de hoxe luns.

 

A partir deste luns a Axencia de Lectura de San Vicente cambia o seu horario e pasa a estar aberta entre as 9.00 e as 14.00 horas. No referido á Biblioteca Municipal do Grove, esta manterá o horario de inverno (de 9.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas) ata o vindeiro 15 de xullo por mor de lles dar servizo ao estudantado universitario que emprega as salas de estudo. A partir desa data e ata o comezo do curso escolar o horario será de 9.00 a 14.30 horas.

 

Aproveitando as horas de non apertura ao público poñeranse ao día os fondos, programaranse talleres de inverno e adiantaranse trámites administrativos.  Ademais disto, a biblioteca colabora activamente nos campamentos municipais de verán.