Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove recorda a necesidade de cumprir coa normativa no relativo ao uso do punto limpo

Fecha: 2018-06-25

O Concello iniciará unha campaña de denuncia para aqueles usuarios que abandonen obxectos nas vías públicas.

 

O Concello do Grove lembralle á veciñanza que é obrigatorio trasladar os obxectos voluminosos e desfeitos de carácter especial ao punto limpo situado no lugar da Zapateira, no Monte da Siradella. O Punto Limpo está especializado na recuperación de materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe directa e evitar o vertido incontrolado de voluminosos (mobles, electrodomésticos, entullo…).

 

Precisamente, nas últimas semanas, téñense detectado varios incumprimentos no relativo á xestión dos residuos no Concello ao abandonarse elementos deste tipo na vía pública. Desde o Concello iniciouse unha campaña para realizar a correspondente denuncia e xestión das respectivas sancións para este tipo de incumprimentos.

 

O Punto Limpo funciona de luns a venres de 17.00 a 21.00 horas e os sábados de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 e 20.00 horas. Ademais disto, o Concello presta un servizo de balde de recollida de chatarra, mobles e outros utensilios inservibles de procedencia doméstica (non industrial) que funciona todos os mércores, para o que é imprescindible avisar antes no teléfono gratuíto 900 720 190.

 

Desde o Concello incídese na necesidade da colaboración cidadá no bo funcionamento do sistema de recollida (en todos os seus elementos), xa que é especialmente importante nos meses de verán cando a poboación do municipio e os residuos xerados se multiplican.