Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Os campamentos de verán do Concello do Grove acollen a máis de 400 rapaces durante o verán

Fecha: 2018-07-19

O Campamento Deportivo conta co 300 inscritos mentres que o Campamento de Verán chega aos 120 nenos e nenas.

 

O Concello do Grove bate novos récords no que a número de nenos e nenas que participan en campamentos municipais se refire. Ante o elevado número de solicitudes o campamento deportivo tivo que ampliar as súas prazas ata chegar aos 300 cativos. Para darlle atención a este elevado número de participantes cóntase con 21 monitores que teñen permitido dividir os rapaces e rapazas en 5 grupos de entre 40 e 45 nenos e nenas cada un, atendidos por catro monitores por grupo, aos que se suman os 2 monitores que traballan en cada deporte específico. Lembramos que nesta actividade resulta fundamental a colaboración dos clubs deportivos locais.

 

A variedade de disciplinas que se traballan neste campamento é un dos seus principais atractivos, deste xeito os nenos e nenas terán a oportunidade de practicar, ao longo destes meses deportes habituais como fútbol, baloncesto ou balonmán, pero tamén outros menos habituais como golf, tiro con arco, surf, padelsurf, equitación, piragüismo ou xogos alternativos aos que este ano, ademais, se suma o pádel nas novas pistas municipais. Tamén se programaron andainas dun día polas Illas de Ons e Sálvora.

 

 

Campamento municipal

 

De xeito simultáneo, o colexio das Bizocas acolle o campamento municipal de verán, que conta con 120 matriculados. Debe lembrarse que neste caso o Concello subvenciona unha parte dos custos deste servizo. Este campamento está pensado para moitas saídas exteriores, como se se tratase dun campamento tradicional, pero sen pernocta. Precisamente a festa final deste campamento incluíra a posibilidade de pasar a noite con actividades.

 

Desde o Concello do Grove agradécese a colaboración de todos os participantes na organización destes campamentos que permiten traballar na conciliación familiar e contribuír á formación dos máis pequenos da vila.