Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello abrirá fiestras nas pistas de pádel municipal por petición dos usuarios

Fecha: 2018-07-30

 

As persoas usuarias das pistas solicitaron esta mellora para mitigar a calor que se acumula nas instalacións.

 

O Concello do Grove acometerá nos vindeiros días una nova mellora nas pistas de pádel municipal. As numerosas persoas usuarias que ocupan estas instalacións teñen indicado que no verán as temperaturas son moi elevadas baixo a cuberta polo que solicitan a apertura de fiestras que permitan unha maior ventilación das instalacións.

 

Ante esta demanda o Concello do Grove abrirá dúas fiestras duns catro metro de ancho que se situarán na parte central e no lateral próximo ao campo de fútbol. Estasxanelas suporán un investimento de arredor de 1.700 euros e serán instaladas o máis axiña posible sen interromper a actividade das pistas.