O Concello do Grove recibe o segundo premio 'Camiño de Santiago' polo proxecto do Cruceiro de Cantodorxo
Fecha: 2018-09-20
Turismo da Xunta de Galicia comunicou hoxe esta concesión dotada con 5.000 euros de premio.
O Concello do Grove acabade recibir a comunicación que o confirma como beneficiario do segundo premio da primeira categoría dos Premios Camiño de Santiago na convocatoria de 2018. O referido premio está dotado cunha contía de 5.000 euros, establecendo á Xunta de Galicia un prazo de dez días para a súa aceptación.
O proxecto remitido para optar a este premio, parte da colocación do cruceiro na zona marítima de Cantodorxo. Ademais do valor propio da peza escultórica, obra do artista Francisco Pazos, a espectacular beleza da localización e, por suposto, o valor histórico da zona en relación co Camiño de Santiago, xa que dende esa punta se marca a entrada do Apóstolo na barca de pedra para remontar o río camiño de Santiago.
Pero a proposta non só queda nese punto, xa que se acompaña de accións de promoción como a creación da guía turística “O Grove nos camiños de Santiago”, presentada o pasado ano durante a Festa do Marisco, ou a inclusión do cruceiro do Grove na Ruta Marítima do Mar de Arousa e do Ullla. Todo isto permite situar ao Grove como punto de referencia do Camiño Santiago, incidindo no descubrimento da Moeda de Adro Vello como constatación desa vinculación.