O mercado dos venres terá lugar no Paseo de Beiramar durante a Festa do Marisco
Fecha: 2018-09-27
Os venres 5 e 12 de outubro os postos situaranse na zona do paseo desde a ponte da Illa da Toxa á praia de Peralto.
Ao igual que sucedeu nas pasadas edicións da Festa do Marisco, o mercado semanal non se suspenderá a pesar da ocupación da praza do Corgo coas carpas do evento. Deste xeito, os postos serán trasladados ao paseo de Beiramar, para o cal xa se ten solicitado o correspondente permiso ao Servizo de Costas de Pontevedra. Xa que logo, o venres 5 e incluso o venres 12, festividade do Pilar, os veciños e veciñas e visitantes poderán acudir ao mercado nesa zona do Grove próxima ao recinto da Festa.
Para este cambio de lugar do mercado resulta crucial o traballo da Policia Local, xa que permite, como ten sucedido nos anos anteriores, que se os postos se organicen adecuamente e poida disporse de espazo para todos. Os comerciantes xa foron informados deste cambio e deberán atender as indicacións das autoridades que os colocarán por orde de chegada. Deste xeito permítese que o mercado semanal se converta nunha actividade máis da Festa do Marisco.