Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Curso de monitor/a de tempo libre no Grove

Fecha: 2018-10-01

O curso comeza o vindeiro 27 de outubro.

 

O Concello do Grove colabora coa oferta dun curso de monitor de tempo libre homologado que organiza a Escola de Tempo Libre de Balea. Trátase dunha formación de 200 horas teórico-prácticas e de 150 horas puramente prácticas que se estenderá dende o vindeiro 27 de outubro ao 23 de decembro. As clases serán os sábados e domingos de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas e o prezo da formación será de 250 euros, aplicándose un desconto do 40% para persoas empadroadas no Concello do Grove.

 

As persoas interesadas poderán recabar máis información ou realizar a inscrición na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), situada no segundo andar da Casa do Concello (de luns a venres) ou no edificio do Matadoiro os luns en horario de tarde. Tamén poderán informarse na Escola de Tempo Libre de Balea. O prazo de inscrición remata o vindeiro 10 de outubro.