O proxecto de PXOM poderá consultarse no local social do Club de Remo Mecos a partir do luns
Fecha: 2018-11-16
A zona urbana do plan poderá consultarse na Sala das Dornas da Casa do Concello e a rural na Casa da Cultura de San Vicente.
Como xa se ten informado con anterioridade, o Concello do Grove está traballando para garantir a máxima accesibilidade ao proxecto de PXOM no que se ten traballado nestes anos. Deste xeito, tense ofrecido a posibilidade de contar coa documentación en asociacións e colectivos veciñais. A partir do luns será o local do Club de Remo Mecos o que poña á disposición dos veciños e veciñas o documento completo para a súa consulta, contando cun plano a grande escala da zona urbana ademais de todo o detalle do centro urbano e o rural nos planos detalle. O local estará aberto de luns a venres de 17.00 a 20.00 horas.
Lembramos que, a nivel municipal, o PXOM está dispoñible na Sala das Dornas da Casa do Concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, e os luns martes e xoves de 17.00 a 21.00 horas. Neste espazo colocáronse os planos relativos á zona urbana, Ardia, Meloxo e e Campos. A Casa da Cultura de San Vicente contará cos planos da zona rural, que poderán ser consultados de martes a xoves, de 10.00 a 13.00 horas, pois aínda está pendente a asignación dun horario de tarde.