Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O vindeiro xoves a asociación Arela presentará no Grove o programa CONVIVE.COMigo

Fecha: 2019-01-15

 

O xoves, 17 de xaneiro ás 11:30 h. na Sala das Cunchas da Casa do Concello do Grove, realizarase unha charla informativa na que a asociación Arela presentará  o programa CONVIVE.COMigo.

 

A finalidade do programa é o establecemento dunha nova alternativa xudicial para os menores infractores, polo tanto, este programa xorde da necesidade de dotar de recursos (neste caso familias, persoas) ao Xulgado para que este poida recoller nas súas sentenzas a medida de convivencia en grupo educativo: unha medida que obriga a un adolescente a vivir noutro contexto familiar diferente ao de orixe durante un plazo de entre 6 meses e un ano, tratando de reconducir a situación que o levou a un xulgado de menores, facilitándolle un contorno de socialización positiva co fin último de evitar unha reincidencia futura. Para que un xuíz poida adoptar este tipo de medidas é necesario que existan unidades familiares que, reunindo unha serie de características, poidan exercer este labor de socialización positiva do adolescente durante a duración da medida.

 

As funcións que corresponden a este programa consisten en captar, formar e avaliar as persoas que se interesen en participar, ademais de realizar un acompañamento durante o cumprimento da medida xudicial.

 

Esta charla ten como obxectivo dar a coñecer o programa entre aquelas persoas  ou servizos que, polo seu traballo, poidan ter mais contacto coas posible persoas ou familias interesadas nel, coa intención de darlle a maior visibilidade posible.

 

Para máis información, pódese visitar a páxina web da asociación Arela>