Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Desfile de Entroido volve a ofrecer 2800 euros en premios

Fecha: 2019-02-27

 

Pódese participar en categoría adulto (máis de 14 anos), infantil (ata 14 anos) en grupos, parellas e individual, manténdose unha categoría específica para os choqueiros.

 

O Concello do Grove aprobou as bases para o Concurso de Disfraces do Entroido 2019. Este celebrarase na data tradicional do Martes de Entroido, o vindeiro día 5 de marzo, e comezará ás 17.00 horas. O percorrido previsto parte da Praza do Corgo, que será tamén o lugar onde se realicen as inscricións, e pasará por Beiramar, Luis Casáis, Castelao e Rúa da Praza, entre outras.

 

Para participar é necesario realizar a inscrición previa entre as 15.30 e as 16.45 horas na Casa do Concello. O Goberno local incide en que os participantes consulten previamente as bases do concurso, xa que nelas se dan indicacións concretas de limitacións de tamaño para as carrozas (para poder circular adecuadamente polas rúas do Grove) ou indicacións no relativo a seguridade que serán tidas en conta para poder participar.

 

As bases e a ficha de inscrición están dispoñibles na páxina web do Concello do Grove e no Facebook de Entroido do Grove.