O Concello do Grove xa conta con tres novos desfibriladores completamente operativos
Fecha: 2019-03-26
Trátase das últimas unidades instaladas no municipio que complementan as xa existentes.
O Concello do Grove completou a pasada semana a posta en marcha de tres novos dispositivos desfibriladores que foran instalados no pavillón novo do Monte da Vila, o Pavillón de Deportes Naúticos e a sede do Club de Remo Mecos. Deste xeito, conséguese que os deportistas da localidade teñan unha maior dispoñibilidade deste recurso ao tempo que incrementan os espazos cardioprotexidos na vila.
Lembramos que a colocación e mantemento destes sistemas foi unha prioridade nos últimos anos, feito que se completa coa organización de formación para monitores e adestradores. As últimas medidas tomadas para conseguir ese obxectivo de vila cardioprotexida tiveron un custo de 5.000 euros, que foron sufragados con recursos municipais.