Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca unha nova edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey

Fecha: 2019-03-27

 

O premio chega á súa XXVI edición como un galardón consolidado e de referencia en Galicia.

 

O Concello do Grove do Grove acaba de convocar a XXVI edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey. Esta mesma semana comezou a distribución das bases por toda Galicia para informar das condicións e prazos de presentación para este concurso literario que é convocado polo Concello do Grove desde 1992 e que conta para esta últimas edicións coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

 

O obxectivo da convocatoria é honrar a vida e a obra do escritor e xornalista, ademais de apostar pola promoción da escrita en galego e pola divulgación dos seus autores. O premio está dotado con 3.000 euros e coa publicación da obra gañadora a través de Edicións Xerais de Galicia. Pode participar calquera persoa que presente o seu texto en lingua galega antes do 15 de setembro. As bases están dispoñibles na web do Concello e indican que os textos deberán ter unha extensión mínima de 50 páxinas e máxima de 100.

 

O xurado encargado de valorar as obras está composta por cinco persoas, sendo unha delas o gañador da XXV edición do premio, Henrique Dacosta López, quen conseguiu o recoñecemento pola súa obra Illas de sotavento. Os outros catro membros serán especialistas en literatura e crítica e outorgarán un único premio por maioría simple de votos.