A Comisión encargada de outorgar a Bolsa de investigación ‘Ernesto Goday’ reúnese a semana que vén
Fecha: 2019-04-26
O vindeiro 30 de abril terá lugar a reunión da Comisión encargada de xulgar a concesión da segunda bolsa Ernesto Goday do Concello do Grove
O Concello do Grove ten convocado por segundo ano a Bolsa de Investigación “Ernesto Goday”. Trátase dunha iniciativa que incide no coidado do legado do pintor Ernesto Goday e que cumprimenta o premio de pintura que leva o seu nome. A axuda creada polo Concello do Grove permite contar, durante un período de tres meses, cun bolseiro ou bolseira especialista en historia e arte para traballar na catalogación a extensa obra do pintor grovense. Durante o ano 2018 tense avanzando moito neste fin, polo que resulta preciso continuar cos traballos.
O Concello ven de nomear a Comisión de valoración dos candidatos e candidatas que estará presidida por Uxía Pallares, licenciada en Xeografía e Historia e contará como Marina Olga Aguín Núñez, licenciada en Documentación, quen exercerá como Secretaria e terá como vogais a Francisco Meis Durán, investigador histórico e Arximiro Fernández Cabanelas, licenciado en Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), contando con Rosa Villaronga Goday, representante da Comisión de Traballo Ernesto Goday, como asesora para estes traballos. A constitución da Comisión e posterior valoración será o vindeiro 30 de abril na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.