A Deputación de Pontevedra completa a análise técnica das plicas para a obra do Auditorio-Escola de Música
Fecha: 2019-04-29
Hoxe luns poderá ter lugar a mesa de contratación que realice a adxudicación provisional desta importante obra.
A Deputación de Pontevedra presentou o venres o informe de valoración técnica das ofertas presentadas para concorrer ao concurso público de adxudicación das obras de construción do Auditorio-Escola de Música do Grove. Tal e como se fixera no proceso inicial, a amplitude e complexidade dos pregos que conforman esta obra fixo preciso contar coa colaboración do equipo técnico do ente autonómico para realizar a súa valoración pormenorizada.
Logo de ter que volver a reiniciar o proceso debido á reclamación presentada por unha das empresas que non resultou gañadora da adxudicación, volvese a realizar unha valoración das ofertas presentadas (as mesmas que na primeira ocasión). Deste xeito, complétanse os trámites que permitirán que, hoxe luns, poida abrirse o “Sobre C” e á correspondente adxudicación provisional das obras.