Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Os servizos de Emerxencias do Concello do Grove proceden á limpeza de varias zonas tras os temporais

Fecha: 2019-06-10

 

Os temporais acaecidos nestas semanas teñen xerado algúns problemas no relativo a árbores e zonas expostas da localidade. Deste xeito, os servizos de Emerxencias municipais procederon a revisar algúns lugares para evitar problemas, tal é o caso das árbores situadas no lateral da praza do Corgo na súa intersección coa rúa Pablo Iglesias, onde foi preciso valar o perímetro pola caída de pólas. No día de hoxe procedeuse ao coidado do gran cedro que se atopa nesa zona para deixalo en condicións de seguridade.