O Concello do Grove pon en marcha a edición da bienal do Simposio de Escultura ao Aire Libre
Fecha: 2019-07-22
O xurado, convocado segundo as bases, selecciona os tres participantes na V Bienal do Simposio de Escultura ao Aire Libre.
Seguindo a traxectoria dos últimos anos, convocouse o xurado para a selección das tres obras que se levaran a cabo entre setembro e outubro.
As obras elixidas corresponden aos proxectos dos seguintes escultores:
- Christian Ignacio Alvarenga, de Arxentina, coa obra “Flor de Piedra”
- Aleksander Eflimouski, de Macedonia do Norte, coa obra “Entwined”
- Ferhat Özgür Górel, de Turquía, coa obra “Recurrence”
Ademais de dous suplentes para o caso de renuncia dalgún dos autores anteriores. Serían, por orde, Marina Gutíerrez, coa obra “Maternidad”, e Krokhaliou Kiryl, coa obra “Crying Cyclop”.
O certame inaugurarase o 20 de setembro e o acto de clausura prevese para o 12 de outubro, día no que se volverá a reunir o xurado para redactar a acta da clasificación e premios dos traballos realizados. Os premios serán de 1500, 900 e 500 euros.
As tres pezas esculpiranse en granito galego e pasarán a formar parte do patrimonio artístico do Concello do Grove.