Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Curso de monitor/a de tempo libre

Fecha: 2019-12-16

 

O Concello do Grove, a través da Concellería de Xuventude, organiza un curso de monitor/a de tempo libre desde o 18 de xaneiro ata o 21 de marzo, os sábados e domingos en horario de 9.00 a14.00 horas e de 15.00 a 20.00 horas.

 

O curso ten un custo de 200 € (grazas á axuda municipal) e o prazo de incrición está aberto ata o 9 de xaneiro. Quen desexe participar deberá inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil  (OMIX), situada no segundo andar da Casa do Concello.

 

As clases constan dun total de 200 horas teórico-prácticas e de 150 horas prácticas.

 

O curso está homologado pola Xunta de Galicia e será impartido pola Escola de Tempo Libre Balea. Cómpre salientar que para poder desenvolverse se precisa dun mínimo de doce persoas inscritas.

 

Entre os obxectivos desta actividade formativa figura capacitar o alumnado para detectar as necesidades de intervención no tempo libre dun grupo reducido de persoas, conectándoo co seu medio; animar, dinamizar e facilitar o desenvolvemento das persoas, entre oturos.