Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O vindeiro luns comeza o período de inscrición na Escola de Música Municipal

Fecha: 2020-01-10

 

O Concello do Grove vai abrir o próximo luns día 13 de xaneiro o prazo para que as rapazas e os rapaces se inscriban na Escola de Música Municipal José Silva Torres. As clases comezarán o 20 de xaneiro e rematarán o día 20 de xuño deste mesmo ano.

 

As persoas interesadas poden recoller o impreso de solicitude no Rexistro do Concello, situado baixo do edificio administrativo municipal (rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, 3), onde deberán entregalo, unha vez cuberto, xunto coa documentación requirida. Tamén poden descargar o dito impreso premendo aquí>.

 

Para máis información, poden chamar ao teléfono 616 300 749 (de 10.00 a 20.00 h) ou enviar un correo electrónico a esmuogrove@gmail.com.