Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

NOVAS RECOMENDACIÓNS DO CONCELLO DO GROVE Á SÚA CIDADANÍA

Fecha: 2020-03-13

 

No inicio desta semana puxemos á disposición da nosa veciñanza unha serie de medidas preventivas individuais para evitar o contaxio e a expansión da epidemia por Covid-19 (Coronavirus).

 

Como xa sabedes, acábase de anunciar como medida de contención o peche das instalacións educativas e de actividades deportivas, recomendando ao mesmo tempo a clausura de calquera tipo de actividade que implique a aglomeración de persoas.

 

Trátase neste momento, no que os casos aínda aparecen de xeito puntual, de evitar a expansión masiva da epidemia.

Por que? É que é máis grave do que se contou?

NON.

Trátase de tentar non sobrepasar a capacidade do noso sistema sanitario para a correcta atención dos doentes que vaian aparecendo, de aplanar a curva dos contaxios manténdoa dentro da capacidade dos nosos centros de saúde e hospitais para tratalos.

 

Trátase tamén de evitar que o contaxio chegue á poboación máis vulnerable: doentes con baixa inmunidade e pacientes con enfermidades crónicas, sobre todo respiratorias e cardíacas.

 

Por que o peche dos colexios e actividades extraescolares? Sería perigoso para os nosos nenos a infección? Non, pero os nosos nenos non viven illados. Conviven e teñen relación na maioría dos casos con persoas de idade avanzada ou con patoloxías crónicas e, nese sentido, serían o vehículo de transmisión que facilitaría a infección nesas persoas.

 

Medidas colectivas de prevención:

  • Evitar lugares concorridos onde non poidamos gardar unha distancia mínima de entre un e dous metros con outras persoas.

  • Evitar reunións e acontecementos con aglomeración de público.

  • Evitar, na medida do posible, lugares con actividade social como:

    - parques

    - espazos lúdicos

    - locais de ocio

  • Facer un uso responsable dos servizos sanitarios, tanto a nivel local (centro de saúde e PAC) como hospitalario.

  • Realizar só as viaxes imprescindibles.

  • Nos casos en que sexa posible, traballo a distancia ou teletraballo.

  • Extremar estas medidas de prevención (así como as de prevención individual) en persoas vulnerables, como anciáns e doentes crónicos, sobre todo respiratorios, cardiópatas e inmunodepremidos. A poder ser, saír da casa o menos posible!

Resumo: nas próximas semanas, distanciamento social e evitar contacto físico entre persoas.