Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca a XXVII Edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey

Fecha: 2020-03-12

O prazo para a presentación dos traballos remata o 15 de setembro de 2020.

 

Esta semana comezarase a distribuír as bases por toda a xeografía galega: concellos, bibliotecas, casas de cultura, institutos de ensinanza secundaria, asociacións de escritores en lingua galega, editoriais, medios de comunicación… O Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey é un certame literario convocado polo Concello do Grove desde 1992 e que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

 

O obxectivo da súa convocatoria é honrar a vida e obra do escritor e xornalista e, asemade, coadxuvar na promoción da escrita en galego e na divulgación das súas autoras e autores. Está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra gañadora por Edicións Xerais de Galicia.

 

Poderá concorrer ao premio calquera persoa física que presente o seu texto en lingua galega. As bases establecen o prazo límite de presentación dos traballos o 15 de setembro. Os textos han ter unha extensión mínima de cincuenta páxinas e máxima de cen, en folio din A4, de dous mil cincocentos caracteres cada páxina, aproximadamente, espazamento entre liñas de 1,5 e as follas deberán de estar paxinadas.

 

O xurado estará composto por cinco persoas, unha delas será o gañador da XXVI edición do premio, Ignacio Vidal Portabales, pola obra Lara e Sabela, e os outros catro compoñentes serán especialistas en literatura e crítica literaria. O premio, único, outorgarase pola maioría simple de votos.