AVISO: PROHIBIDO O ACCESO AOS CEMITERIOS PARA TAREFAS DE LIMPEZA E REPOSICIÓN DE FLORES
Fecha: 2020-03-17
O Concello do Grove lémbralle á súa veciñanza que o acceso público aos cemiterios municipais durante o período establecido polo estado de alarma está prohibido e que só poderán acceder a eles os servizos de enterro. Ademais, os familiares que asistan a enterros deben seguir as recomendacións indicadas polas autoridades sanitarias referidas tanto ao número máximo de persoas que poden acceder a estes recintos como a gardar os espazos de seguridade entre persoas.
Así pois, prohíbese o acceso aos cemiterios municipais para limpar ou acondicionar panteóns e nichos ou para repoñer flores.