Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO FACILITARALLE EQUIPAMENTO INFORMÁTICO PARA CONTINUAR A SÚA FORMACIÓN A DISTANCIA AO ALUMNADO QUE O PRECISE

Fecha: 2020-03-31

 

Co fin de lle facilitar á rapazada o seguimento das clases virtuais desde a casa e a realización das tarefas escolares a distancia, a Concellería de Educación, en coordinación cos Servizos Sociais municipais, ofrécelles ás familias que o necesiten algún tipo de soporte tecnolóxico ou equipamento informático, como ordenador, tablet ou incluso, se é posible, acceso á internet.

 

Para acollerse a esta axuda excepcional e gratuíta, que se ofrecerá unicamente para a finalidade exposta no parágrafo anterior e só mentres dure o confinamento domiciliario por causa do COVID-19, as familias interesadas deberán facer a súa solicitude chamando ao teléfono da concelleira de Educación, Pilar Galiñanes: 607 540 271, e xustificar que a súa situación familiar ou económica así o require.