Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

VINTE E OITO EMPRESAS COMPITEN POLA OBRA DO CENTRO SOCIAL DE REBOREDO

Fecha: 2020-05-15

 

A apertura de plicas tivo lugar onte e será posible realizar a adxudicación a semana próxima.

 

Logo do periodo de paralización de procedementos derivada do estado de alarma, o Concello do Grove retomou a dinámica de traballo, o que permite continuar proxectos moi importantes. Entre os que estaban enriba da mesa atópase o local social de Reboredo, unha infraestrutura que se considera prioritaria debido á súa finalidade social e ao feito de que suporá unha mellora notable para o benestar da veciñanza da zona de San Vicente.

 

Onte abríronse as plicas cun total de 28 empresas que concorren cun orzamento base de licitación de 186.799,67 euros para construír e equipar unha edificación de 271,25 metros cadrados en dúas plantas, que contará cos servizos de atención a persoas maiores con especial atención á accesibilidade.

 

Lembramos que esta infraestrutura é posible grazas á doazón dos terreos que fixo unha familia da localidade e á sinatura dun convenio coa Deputación de Pontevedra, que cedeu unha parte adicional de terreo para completar o terreo edificable. Os fondos para a súa construción proceden do préstamo solicitado polo Concello do Grove, e cóntanse co financiamento completo. Agárdase que a obra poida ser adxudicada a semana próxima.

 

 

Imaxes do proxecto>